luns, 7 de maio de 2012

GALEGOS E GALEGAS DE AQUÍ E DE ACOLÁ: SARA PARCERO


 Hoxe luns 7 de maio o proxecto galegos e galegas de aquí e de acolá volve ser protagonista. Os nenos e nenas de sexto contactaron a través de videoconferencia  cunha rapaza moañesa chamada Sara Parcero,que se atopa estudiando Ciencias Políticas  e Relacións Internacionais en Estados Unidos. 


Ela, moi amablemente falounos das súas experiencias  na universidade e de todo o traballo e esforzo que supón o que está facendo, aínda que tamén atopa tempo para divertirse.  Contestou as preguntas que os nenos tiñan preparadas acerca do seu traballo sobre enerxías renovables en Libia, que resultou ser o primeiro premio dun  certame convocado pola ONU.
 Contounos tamén que estando fora,  douse conta do verdadeiro significado da palabra “Morriña”, que cobra sentido cando botamos en falta todo o que caracteriza a nosa terra, dende a paisaxe, o mar, a xente, ata unha boa empanada como moi ben nos dicía.
Ademais o feito de ter unha lingua e cultura propias como é  a nosa , está moi valorado dende outros países como fonte de riqueza persoal, cousa da que nós non nos damos conta moitas veces. De feito aínda que domina o inglés á perfección non esquece o galego , Fálao sempre que pode e é un signo de identidade do que se sinte orgullosa.
Ánimo Sara  e moita sorte en todo o que fagas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario