martes, 3 de maio de 2016

SORPRESA!

Hoxe, cando na hora de ler, fomos ao Bibliocastelo atopámonos cunha incrible sorpresa. Non o ides crer!  HABÍA UNHA BRUXA!!!


Pero non era unha bruxa calquera, era unha bruxa moi especial, nada máis nin nada menos que Sofía, a MAMÁ de Mariña de 1ºA, que veu contarnos uns contos chulísimos !


Primeiro leunos  "Room on the Broom" da escritora Julia Donaldson, que é a mesma que escribiu "The Gruffalo". É un libro rimado que está escrito en inglés e que Sofía tivo a amabilidade de adaptar ao galego para nós. Gustounos un montón! Hai unha película de animación deste libro, se queres vela, preme na imaxe.


Despois lemos entre todos e todas un conto sin palabras, titulado "Antes y después". Nesta ocasión, Sofía contou coa axuda da súa filla  e de todos os nenos e nenas. Cada un leu, mellor dito inventou, unha páxina do mesmo. Pasámolo xenial!





Estes  libros que nos contou Sofía, son dous dos favoritos dos seus fillos, Xaquín e Mariña. Ao final, gustounos tanto que algúns nenos e nenas ata lle pediron autógrafos!



Sofía, Mariña, MOITAS GRAZAS por compartir con nós os vosos libros preferidos e facernos pasar un rato tan divertido!




Ningún comentario:

Publicar un comentario