mércores, 14 de febreiro de 2018

UN SABOROSO ENTROIDO!!!

Despois de traballar durante varios días, papás, mamás, alumnos, alumnas, mestres e mestras, por fin chegou o día de saír á rúa a lucir os nosos disfraces. O tema do Entroido deste ano foi a alimentación saudable, xa que é o tema do proxecto deste curso.
A ANPA coa axuda das familias realizou unha chulísima carroza, que representaba unha cociña, na que a nosa mascota, Papirus, era o chef.



Os nenos e nenas de infantil convertéronse en riquísimos amorodos.


Os rapaces e rapazas de 1º foron apetitosas cenorias.


De doces tarros de mel ían os de 2º e as súas mestras de apicultoras.



Peixiños de vivas cores foron os de 3º.


Camareiros e camareiras profesionais os de 4º.


A rapazada de 5º foi de libros de cociña.


Os de 6º foron os chefs do desfile.


 O grupo de gaitas Manxadoira foi animando coa súa música a comitiva. 


Encabezando o desfile, a nosa mascota.


Despois do percorrido, cantamos as cantigas na carpa instalada na Praza do Concello. Se queres ler a letra das cancións, preme na seguinte imaxe.


Xa de volta no colexio, puxémonos morados con todas as delicias do Entroido : chulas, filloas, orellas...
Foi unha xornada de troula e diversión. Se queres ver o ben que o pasamos olla o seguinte vídeo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario